
Vigo, 28 Marzo 2008
O vindeiro luns 31/3/08 ,as 9 horas , celebrarase un pleno do Concello de Vigo no que se aprobarán novos nomes para as rúas da cidade.
O vindeiro luns 31/3/08 ,as 9 horas , celebrarase un pleno do Concello de Vigo no que se aprobarán novos nomes para as rúas da cidade.
O Colectivo Violeta, quere felicitarse publicamente por ter acadado que o Concello de Vigo aprobe o nome de 6 novas rúas da cidade cos de 6 mulleres asasinadas ou represaliadas polo franquismo.
Queremos facer mención delas:
Tres asasinadas:
*Carmen Miguel Agra: Casada con Anxel Nogueira (tamén asasinado canda ela). Pertencía as Xuventudes Comunistas e as Mulleres Antifascistas.Tiña dúas fillas Conchita e Carmiña. Asasinada no Porto de Vigo o 23 de Abril do 37.
*Ángela Iglesias Rebollar: Procedía da Guarda, tiña 26 anos. Casada con José Niebla (tamén asasinado). Vivía no barrio de Teis. Tiña dous fillos José e Eliseo.
*Rosario Hernández Diéguez “A Calesa”: Tiña 16 anos. Vendedora de xornais. Simpatizante do partido socialista e da Fronte Popular. Nos primeiros de Setembro do 36, foi violada, asasinada e mutilada.
Tres represaliadas:
*Margarita Bilbatúa Zubeldia: Os seus irmáns foron fusilados en Vigo. Ela pasou a fronteira de Francia, estivo nun campo de concentración.
*Urania Mella: Filla do destacado pensador anarquista Ricardo Mella. Era membro da Directiva da Organización “De las mujeres contra la guerra y el fascio”. Afiliada as “Juventudes socialistas unificadas”. Foi condeada a morte. Conmutáronlla por 12 anos de prisión en Santurrarán.
*Mercedes Núñez: Secretaria de Pablo Neruda. Traballa no PSUC. Na Coruña organiza o Partido Comunista. No 39 é detida e pasa por varias cárceres. Condeada a 12 anos. Escapa a Francia. Alí, foi capturada pola Gestapo e enviada a un campo de concentración en Alemania. Liberada no 45. A morte de Franco, regresa a Vigo.
Esta proposta do Colectivo Violeta abarcaba un número moi superior de mulleres asasinadas e represaliadas en Vigo no 1936, por isto pensamos co de hoxe é un primeiro paso na recuperación da memoria histórica das Mulleres en Vigo.
Colectivo Violeta de Vigo
Cap comentari:
Publica un comentari a l'entrada