Daniel Prieto. Xornal.com
O incendio que sufriu o pazo de Meirás o 19 de febreiro de 1978 “foi provocado”. Así de rotundos se amosan Ermitas Valencia e Carlos Babío, edís do BNG en Coruña e Sada, respectivamente, nun artigo publicado recentemente na revista dixital Terra e Tempo. Ambos os dous levan anos recompilando información sobre un dos símbolos viventes da represión franquista, o pazo de Meirás. que lle foi entregado ao ditador en 1938 mediante unha dubidosa subscrición popular baixo o eufemismo de “agasallo”. O seu traballo, titulado O expolio dos Franco ao patrimonio galego, explica como, tras a morte do Caudillo, a súa familia organizou “un “coidadoso plan para sacar fóra do Estado o gran patrimonio artístico acumulado no recinto.
Eran moitas as sospeitas de que o lume fora intencionado, xa que a explicación oficial do curtocircuíto nunca se sostivo por si mesma. Un dos gardas civís que custodiaban o pazo a noite do sinistro asegurou que el mesmo cortara a luz o día do suceso. Un amigo íntimo da familia, o empresario coruñés Antonio Fernández Tapia, tamén declarou que dubidaba da versión oficial. Pola súa banda, o xuíz encargado do caso certificou que as lapas se orixinaran en diferentes lugares ao mesmo tempo. Agora, a “memoria oral” permitiu clarexar un dos episodios máis escuros en torno á antiga residencia de verán de Franco.
Nos días previos ao incendio, os veciños de Meirás asistiron abraiados a un desfile de camións do Exército que entraban e saían do pazo. O que sacaron de alí “é unha incógnita”, sinalan os autores do artigo. Algunhas fontes falan de parte da biblioteca de Emilia Pardo Bazán, estatuas, cadros, tapices, vaixelas, armas antigas, mobles e lámpadas de gran valor. Os obxectos valiosos foron substituídos por falsificacións, supostamente. E é que a viúva do ditador visitou Meirás poucas xornadas antes do incendio acompañada de “persoas de recoñecido prestixio social da época” para que certificaran “que todo estaba no seu lugar”, sinalan os concelleiros do BNG. Unha destas visitantes foi a anterior propietaria do pazo, Blanca Quiroga, neta de Emilia Pardo Bazán.
Os investigadores aseguran que as pezas presuntamente subtraídas foron levadas despois ao porto coruñés de Muxía. Desde alí foron trasladadas a Francia nun barco propiedade da familia Fernández-Latorre, concretamente de María Victoria Fernández-España Fernández Latorre e o seu esposo, o xornalista Felipe Fernández-Armesto, coñecido co sobrenome de Augusto Assia. Varios mariñeiros muxiáns serían os encargados de transportar a remo os vultos desde os camións ata o buque atracado.
A orixe dos concelleiros foi crucial para chegar a estas conclusións. Ermitas Valencia é natural de Muxía, mentres que Carlos Babío naceu na mesma parroquia de Meirás, onde a súa familia sufriu as expropiacións coas que o pazo duplicou o seu tamaño. Ambos os dous aluden no seu artigo á “transición pechada en falso do estado español” partindo do “demoledor exemplo” de Meirás.
A HIPOTECA DO PAZO
Neste sentido, o artigo de Valencia e Babío alude a un informe do Exército de 1939–que se conserva no arquivo de Alcalá de Henares– no que se censura a adquisición de Meirás. A Junta Pro-Caudillo encargouse de recadar os dous millóns de pesetas –unha fortuna para a época– necesarios para sufragar a residencia de verán de Franco. Segundo o devandito informe, esa elección resposta a que o pazo tiña unha hipoteca co Banco Pastor e Pedro Barrié de la Maza era un dos principais promotores da “doazón”.

Cap comentari:
Publica un comentari a l'entrada