dimarts, 31 de maig del 2011

ENTREVISTA A GONZALO AMOEDO: "A TRANSICIÓN NON TIVO NADA DE MODÉLICA. FOI MOI VIOLENTA"

É que eu creo que hai que chamar as cousas polo seu nome e non andar con eufemismos. A Transición non foi nada modélica, foi moi violenta. Houbo máis de 200 asasinatos, que cometeron grupos como o Batallón Vasco-Español. E resultado desa Transición na que non se rompeu co franquismo é a Lei de Partidos, a falsa separación entre a Igrexa e o Estado, e moitas outras cousas. Os galegofalantes, por exemplo, non teñen os mesmos dereitos que os castelanfalantes. É obrigatorio coñecer o castelán, pero non o galego. Un madrileño ten dereito a educar o seu fillo en castelán en Galicia, que claro que debe telo, pero un galego non ten dereito a que o seu fillo reciba educación en galego en Madrid.